Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.
Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.
Tamén nós seguimos na teima de considerar que ante tal situación as medidas asistenciais, os parches electoralistas ou caritativos son árbores que non nos deixan ver o bosque e poder formularnos preguntas fundamentais: Como garantir a subsistencia promovendo ao mesmo tempo a autonomía e o empoderamento das persoas sobre as súas propias vidas? Que elementos compoñen unha vida digna e plena, unha vida que pague á pena vivir?
Durante esta semana trataremos de achegar espazos de reflexión e debate sobre estas e moitas outras preguntas a través das actividades que detallamos a continuación. Estimular a intelixencia colectiva para pensar ferramentas que combinen a sustentabilidade da vida, a participación e a transformación social son os obxectivos desta segunda semana de loita pola RBis.
MARTES 17. Lugo
20h00 - Presentación do libro "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo.
Bico de grao (Ronda das Fontiñas, 226)
MÉRCORES 18. Compostela
20h00 - Presentación do libro "Renda Básica das iguais e feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida” con Mari Fidalgo, Mónica Gonçalves e Leticia Casto.
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)
XOVES 19. Vigo
20h00 – Documental “Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo.
C.S. A Revolta (R/ Real, 12)
VENRES 20. Compostela
20h15 -Presentación da “Guía de Axudas Sociais” con compas da ODS-Coia e Leticia Castro (Educadora Social).
Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7)
Máis información:
odscoia.arkipelagos.net
grupodeaxitacionsocial.blogspot.com.es
www.coordinacionbaladre.org