luz

No DOG do 31 de decembro de 2015 a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicaba a convocatoria para 2016 do "TICKET ELÉCTRICO SOCIAL".

Na Galiza 65 mil persoas sofren pobreza enerxética: non poden facer fronte ás facturas de luz, gas ou calefacción.

Mentres a desigualdade e a precariedade medran, a factura eléctrica non para de subir. Temos a terceira electricidade máis cara de Europa.

Compartimos esta convocatoria cidadá na que animan a facer unha entrega colectiva do Ticket Eléctrico na Xunta de Galicia en Vigo.

O acto será o LUNS 24 novembro a partires das 11:00 na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Achegamos a nota de prensa:

O TICKET ELÉCTRICO SOCIAL da Xunta: a pobreza enerxética como propaganda

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desprega políticas sociais miserentas e ineficaces, nesta ocasión coa convocatoria dunha subvención para o pagamento da enerxía eléctrica: o chamado TICKET ELÉCTRICO SOCIAL.