Fiare

O 22/06/12 o parque de A Bouza acolleu un programa de radio ao aire libre co título: "Somos a raí­z da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha

A ODS-Coia e outras xentes convidamosvos a participar nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2012:

Venres 22 xuño

- Programa de radio no parque de A Bouza: "Somos a raíz da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir"

"Partindo da experiencia de loita veciñal de Coia, coa conquista de A Bouza como espazo verde libre de especulación, falaremos con diferentes persoas e colectivos: ODS-Coia, asemblea pola defensa do barrio do Cura, Fiare GZ, consumo responsable... Haberá tamén rap, tertulia sobre novas e vellas respostas aos problemas do sistema e moito máis. E todo coa colaboración da xente do programa Enredate que a Rede Social Galiza Sur ten en radio Ecca".

Dará comezo ás 20h00 e remataremos ao redor das 22h00 cunha cea comunitaria no propio parque.

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais