movemento veciñal

Hai unha semana estabamos a unhas horas de comezar as actividades na Bouza, cunha idea: facer da Bouza e doutras loitas exemplos vivos que nos animen a parir outro mundo.

Tan só dende a ODS-Coia dar as gracias a toda xente que pasou polas actividades da Bouza e dicir que se queredesfacervos unha idea do que alí vivimos na pasada fin de semana podedes ler unha crónica neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/2012/06/cronica-da-festa-de-a-bouza-2012 e ver estas fotos aquí: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157630283387572

A ODS-Coia e outras xentes convidamosvos a participar nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2012:

Venres 22 xuño

- Programa de radio no parque de A Bouza: "Somos a raíz da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir"

"Partindo da experiencia de loita veciñal de Coia, coa conquista de A Bouza como espazo verde libre de especulación, falaremos con diferentes persoas e colectivos: ODS-Coia, asemblea pola defensa do barrio do Cura, Fiare GZ, consumo responsable... Haberá tamén rap, tertulia sobre novas e vellas respostas aos problemas do sistema e moito máis. E todo coa colaboración da xente do programa Enredate que a Rede Social Galiza Sur ten en radio Ecca".

Dará comezo ás 20h00 e remataremos ao redor das 22h00 cunha cea comunitaria no propio parque.