O 22/06/12 o parque de A Bouza acolleu un programa de radio ao aire libre co título: "Somos a raíz da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir".
O programa estaba dentro da programación da Festa de A Bouza 2012 e as que alí asistimos disfrutamos moito coa participación de:
- Luis Calvo, facendo historia da loita da veciñanza de Coia, coa conquista da Bouza como espazo verde.
- Un membro da asemblea pola defensa do barrio do Cura contando a loita en contra da especulación nese barrio histórico da cidade.
- A Casiano, a Diego da ODS-Coia e a Manolo de Baladre: que achegaron a vivencia da inxustiza, as resposta a ela dende Coia e dende Baladre.
- Unha tertulia sobre novas e vellas respostas aos problemas vividos con xente de ECOAR, da Rede Social GZ Sur, da A.VV. Casco Vello e cun representante sindical.
- Rematamos con algunhas alternativas ao capitalismo falando de banca ética coa experiencia de Fiare GZ, de consumo responsable e do xornalismo comprometido cun compañeiro do programa Enrédate de Radio Ecca.
Entre medias de todo isto os temas do rap comprometido do grupo Distrito Criminal.
Unha gozada de programa que vos recomendamos que escoitedes (neste enlace: archive.org/details/RadioNaBouzasomosARazDaSolucin), aínda que non estea completo por motivos técnicos.
O podedes descargar aquí: archive.org/download/RadioNaBouzasomosARazDaSolucin/radio_bouza_2012.mp3