Resulta curioso atoparse con textos -coma a carta que achegamos- que nos falan de situacións idénticas ás que estamos a vivir nestes días en Coia. Como en Argilan, estivemos tamén con persoas que chegaron a nós a través da traballadora social do concello a cal lles indicou que nós lles podiamos botar unha man en cuestións de RISGA.
A nosa ollada mira moitas veces para Euskadi por reflexións e experiencias coma esta. Moitas colectivos e persoas levannos anos de adianto na loita polos dereitos sociais. Por exemplo, reivindicacións como a de esixir constancia por escrito da tramitación de axudas sociais municipais son batallas nas andiveron xentes daquelas terras, e que ademais gañaron.