Feed aggregator

Bo Nadal!

Comunidade Base Coia - Dom, 21/12/2025 - 13:08

A rapazada de Educación na Fe fixo un Belén moi especial para lembrar o compromiso da comunidade coa campaña de Verapaz Vigo para financiar unha planta potabilizadora en El Seibo, na República Dominicana. Trátase dunha infraestrutura imprescindible para permitir a mellora da saúde e da educación da comunidade. A agua é vida, e neste caso máis que nunca precisamos a colaboración de tod@s. Animádevos a aportar o que poidades!

Deixamos aquí as fotos co Belén que fixeron as nenas e nenos de Educación na Fe e a información que difundiron sobre o proxecto de Verapaz.

Categorías: Comunidade Base Coia

4º Domingo de Advento: «Daravos El mesmo un sinal»

Comunidade Base Coia - Dom, 21/12/2025 - 12:16
Domingo 4º de Advento (21 de decembro)Daravos El mesmo un sinal

O sinal de Deus é o máis inesperado: unha muller que dá a luz un neno que é froito do amor, unha muller pobre, migrante, perseguida. E un recén nacido, unha vida que xermola. No máis pequeno, no máis fráxil, no máis vulnerable, aí está Deus, e nós ao seu carón. Porque ese é o sentido do divino: a comuñón da humanidade toda cinguida polo amor fraterno, que nos vincula dende a aceptación da nosa fraxilidade. Somos un, somos irmáns e irmás, precisamente polo mesmo que somos, que seguimos a ser, ese meniño que precisa de todos nós para ser feliz. Acudamos á súa chamada!

Naqueles días, o Señor volveulle falar a Acaz nestes termos: «Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou arriba nas alturas».
Respondeu Acaz: «Non o pido, pois non quero poñer a proba o Señor».
Entón dixo Isaías: «Escoitade vós, casa de David: ¿Évos pouco domina-los homes, que aínda queredes domina-lo meu Deus? Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí que a virxe está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel (que significa «Deus connosco»).

Isaías 7, 10-14
Categorías: Comunidade Base Coia

Acudimos al defensor del pueblo "Rompamos la cadena de la deuda"

Baladre - Ven, 19/12/2025 - 11:13

Alambique.- Ante la continua vulneración de derechos por parte de la Consejería de Derechos sociales y Bienestar del Principado de Asturias, desde la Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE acudimos a pedir la intervención del Defensor del Pueblo para defender nuestros derechos.

Categorías: Baladre

Acción Directa… a la conciencia

Baladre - Mér, 17/12/2025 - 12:53

desinformemonos.org. Alicia Alonso.- “Armadas” con sus sprays de pintura, escalera en mano, martillos y kufiyas, el 6 de agosto del 2024, un grupo de activistas entraron en la filial británica de la fábrica de drones israelí de Elbit Systems en Filton, Bristol. Antes de ser desalojadas y detenidas por la policía británica consiguieron pintar las instalaciones, dañar equipos y bloquear la producción.

Categorías: Baladre

La realidad de las personas privadas de libertad

Baladre - Lun, 15/12/2025 - 17:57

Conocer de primera mano y poner rostro a la realidad de las personas privadas de libertad, a menudo desconocida y silenciada, fue el objetivo de la jornada organizada por ASDECOBA y la Pastoral Penitenciaria de la Diócesis de Salamanca celebrada este fin de semana.

Categorías: Baladre

3º Domingo de Advento: «Que brinque de ledicia a estepa e que floreza!»

Comunidade Base Coia - Dom, 14/12/2025 - 11:58
Domingo 3º de Advento (14 de decembro)Que brinque de ledicia a estepa e que floreza!

Isaías segue a alumear a nosa camiñada, animándonos e confortándonos para non vacilar, para non deixarnos atrapar polo desánimo. Vivimos nun mundo, o mundo occidental, no que a soidade, a depresión, o estrés, son as principais doencias de boa parte da poboación. É facil caer na desesperanza, é tentador mergullarnos nas distraccións da industria do entretemento e esquecer os problemas alleos. Pero de verdade é ese o mundo co que soñamos?

A Vida segue a convocarnos á súa festa de Resurrección. Deus segue a chamarnos á mesa común. So aí, nese banquete compartido, pode xurdir unha felicidade posible e auténtica, como esa flor que brota na pequena físgoa dun muro de pedra.

¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza! ¡Que, coma a lis, floreza abundantemente, que brinque en exultante danza!

Concedéuselle a gloria do Líbano, o esplendor do Carmelo e do Xarón. Eles mesmos verán a gloria do Señor, o esplendor do noso Deus.

Fortalecede as mans adormecidas, e ponde firmes os xeonllos que tremen. Dicídelles ós de corazón tímido: «Collede ánimo, non temades. Velaí o voso Deus. […]. Chega El mesmo, e salvaravos». Entón abriranse os ollos dos cegos, e os oídos dos xordos destaparanse. Entón o coxo saltará coma un corzo e a lingua do mudo cantará xubilosa. E os rescatados do Señor volverán por ela, entrarán en Sión con xúbilo, felicidade eterna sobre as súas cabezas. Conseguirán ledicia e felicidade, pois o sufrimento e o pranto fuxirán.

Isaías 35, 1-6a. 10

Categorías: Comunidade Base Coia

LEER PARA REFLEXIONAR, REFLEXIONAR PARA ACTUAR. Catálogo 2026.

 

Desde la Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE queremos compartir las novedades y publicaciones que tenemos en nuestro local.  Éstas son buenas fechas para poner en práctica la idea de leer para reflexionar, reflexionar para actuar. También con propuestas para l@s más pequeñ@s.

Catálogo 2026: https://www.dropbox.com/scl/fi/njhgz8s18hzbf025gs56p/catalogopublicaciones26.pdf?rlkey=3s3k07aif0aze5720fmjfigqk&st=lekqha7c&dl=0

Si estáis interesad@s, pasad a vernos en la Casa de Iniciativas Comunitarias "Suañu", en la calle Peña Ubiña Nº3 Bajo, de seis a ocho de la tarde, o comentádnoslo en el correo: asociacionalambique@hotmail.com

Categorías: Alambique Asturias

Nosotras las Personas 2025_12_09

Nosotras las Personas - Mar, 09/12/2025 - 17:27

Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para el resto del mundo por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.

Categorías: Nosotras las personas

2º Domingo de Advento: «O lobo habitará co carneiro»

Comunidade Base Coia - Dom, 07/12/2025 - 11:38
Domingo 2º de Advento (7 de decembro)O lobo habitará co carneiro”

Velaí a utopía soñada polos profetas, velaí a culminación do camiño que anunciabamos o domingo pasado na procura desa luz que nos anima a avanzar no medio da noite. Procuramos o imposible, si, porque esa febre entolecida que nos consume, como bolboretas en torno á luz, mobilízanos contra a inxustiza que asoma acotío, sen descanso, por todas partes. Estamos chamados a crer na Paz absoluta, na Paz que so otorgan a Xustiza e o Amor, precisamente porque no noso mundo moitos seguen a procurar, como “mal necesario”, a guerra, a violencia, a brutalidade, a discriminación… Mentres nós, pola contra, seguimos a crer na mirada dun neno que quere deter o mar cun pouco de area.

Naqueles días, abrollará un xermolo no tronco Iexé e un gromo brotará da súa raíz. Descansará sobre el o Espírito do Señor, espírito de sabedoría e discernimento, espírito de consello e fortaleza, espírito de ciencia e de temor do Señor. Sentirá a súa compracencia no temor do Señor. Non xulgará conforme a aparencia dos seus ollos, nin sentenciará conforme as murmuracións dos seus oídos. Xulgará o pobre conforme á xustiza, e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación. Castigará ó violento coa vara da súa boca, e co espírito dos seus labios matará o malvado. Será a xustiza o cinguideiro da súa cintura e a fidelidade o cinguideiro do seu lombo.
O lobo habitará co carneiro e o leopardo deitarase co cabrito; o becerro e o leonciño pacerán xuntos: un meniño pequeno sacaraos ó pasto. A vaca e a osa pacerán xuntas, xuntas deitaranse as súas crías; o león, o mesmo có boi, comerá palla. Un meniño de leite xogará no tobo da cobra, e un neno destetado collerá a víbora coa súa man. Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: o país estará cheo de coñecemento do Señor, o mesmo que as augas enchen o mar.

Isaías 11, 1-10

Categorías: Comunidade Base Coia

La visión de la situación de la República Democrática del Congo desde la mirada de un activista del movimiento LUCHA

Baladre - Ven, 05/12/2025 - 11:30

Carolina García.- La República Democrática del Congo, vive en una guerra continua desde 1994, que ni siquiera empezó en la RDC sino en Ruanda en un conflicto entre tutsis y hutus, donde los tutsis salieron más afectados por el conflicto, conflicto que se extendió al país vecino, la República Democrática del Congo, metiéndole en una espiral de violencia y terror que llega hasta nuestro días. La guerra ha costado más de 6 millones de vidas, 7 millones de desplazamientos internos según la UHCR, el uso de la violación a las mujeres y niños como arma de guerra, siendo violadas 48 mujeres por hora, y sin cifras exactas de las violaciones de niños.

Categorías: Baladre

Círculo de Silencio en solidariedade coas persoas migrantes e refuxiadas

Comunidade Base Coia - Ven, 05/12/2025 - 00:26

O xoves 4 de decembro a Rede Social Galicia Sur convocaba un Círculo de Silencio ás 20:00, na praza de América, xunto ao monumento ao migrante.

A realidade da mobilidade humana forzosa segue crecendo e o número de persoas desprazadas pola guerra, a violencia e a persecución en todo o mundo alcanza xa niveis alarmantes, os máis altos nos últimos dez anos. E xusto agora, cando o financiamento humanitario está a esgotarse. Así o di o último informe presentado por ACNUR, a Axencia da ONU para os Refuxiados. Estímase que, a finais de 2024, no mundo había 123,2 millóns de persoas desprazadas pola forza por mor de persecucións, conflitos, violacións aos dereitos humanos, crise climática.

[O MANIFESTO COMPLETO FIGURA NO DOCUMENTO ADXUNTO]

CÍRCULO PERSOAS DESPRAZADAS-1Descarga

¿Que son os círculos de silencio?
Os círculos de silencio nacen en Francia no 2007 e actualmente convócanse nese país en máis de 180 cidades cada mes. Esta iniciativa tense estendido por Europa e por varias cidades españolas.
Os círculos aspiran a expresar a súa protesta dende unha cultura da non violencia, a través dunha acción sinxela e asumible por todo o mundo.
Queren ser un xesto pacífico permanente de denuncia.
O silencio como forma de diálogo, que apela á conciencia de quen fai as leis, de quen as aplican e da cidadanía que as asume, ás veces de forma pasiva e acrítica. Silencio como forma de acción que aglutina a persoas de boa vontade, que podendo ter ideoloxías, culturas ou crenzas diferentes, atopan nese silencio solidario coas persoas e comunidades oprimidas unha linguaxe común.
Nun mundo desbordado de ruídos, de sobreinformación que desinforma, de eslóganes e publicidade comercial e política, pensamos que o silencio ten un potencial revolucionario para reivindicar outros mundos posibles e necesarios.

Categorías: Comunidade Base Coia

Las consecuencias del Plan Conect-As. Una nueva trampa para las personas vulnerables.

 

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin-top:0cm; mso-para-margin-right:0cm; mso-para-margin-bottom:8.0pt; mso-para-margin-left:0cm; line-height:107%; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri",sans-serif; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi; mso-fareast-language:EN-US;}

CONECT-ADAS al laberinto de la exclusión.

En nuestro trabajo de información y denuncia sobre las ayudas sociales hemos contactado con varias personas que se están viendo afectadas por un nuevo problema de diseño y gestión de las políticas sociales impulsadas por la Consejería de Derechos Sociales y Bienestar. En esta ocasión hablamos del Plan Conect-As.

El Plan Conect-As eran Itinerarios de inclusión social digital en el Principado de Asturias, se presentaba como un proyecto innovador y de investigación para reducir las brechas digitales que sufren las personas perceptoras de rentas mínimas (Ingreso Mínimo Vital (IMV), el Salario Social Básico (SSB) o ambas), y contribuir a que puedan desarrollar su identidad digital.

La Consejería de Derechos Sociales y Bienestar firmó un convenio con el Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones para desarrollar este proyecto en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia y de los Fondos Next Generation UE por un importe de 7.335.893,09 euros.

La Consejería animó e insistió reiteradamente a las personas que estaban cobrando una renta mínima (SSB y/o IMV) a solicitar esta ayuda para relacionarse con la Administración electrónica y distintos trámites como la renovación del paro, gestionar citas con su médico o presentar la declaración de la Renta. Además, su participación contribuiría a mejorar la Administración electrónica simplificando los trámites y adaptándola a las necesidades de los ciudadanos y ciudadanas.

Todas estas buenas intenciones enunciadas están en la actualidad perjudicando una vez más a las personas perceptoras, en este caso del Ingreso Mínimo Vital, ya que la Seguridad Social está computando como ingresos recibidos todos los importes que han recibido las personas participantes en este programa, perjudicándolas a la hora del cálculo de su prestación económica y penalizando así una vez más a las personas en situación de vulnerabilidad por un problema de gestión y de no coordinación entre administraciones.

Desde ALAMBIQUE pedimos que la Consejería de Derechos Sociales y Bienestar se ponga en contacto con el Ministerio y exija que deje de computar como ingresos ese programa como se prometía en la convocatoria. Si el acuerdo no es posible, habilite una línea de ayudas para que las personas no salgan perjudicadas.

Además, animamos a todas las personas que se encuentran en esa situación a que reclamen a la Seguridad Social y no lo dejen pasar.

POR FALTA DE INFORMACIÓN NO TE QUEDES SIN DERECHOS.

Colectivo de lucha contra la exclusión ALAMBIQUE.

Categorías: Alambique Asturias

Nosotras las Personas 2025_12_02

Nosotras las Personas - Xov, 04/12/2025 - 01:03

Luchas y búsquedas por los derechos sociales más allá de territorios, más allá de organizaciones y grupos. Conducido desde Canarias para el resto del mundo por las gentes de Baladre y Radio Pimienta.

Categorías: Nosotras las personas

La Consejería a la fiscalía

Baladre - Mér, 03/12/2025 - 11:30

ALAMBIQUE y un grupo de personas afectadas por las Reclamaciones de Cobros indebidos hemos presentado el día 28 una denuncia ante la Fiscalía Superior de Asturias motivada por la gestión del Salario Social Básico por parte de la Consejería de Derechos Sociales y Bienestar del Principado de Asturias y su Dirección General de Gestión de Derechos Sociales.

Categorías: Baladre

Roberts sobre Trump y otras muchas cosas

Baladre - Lun, 01/12/2025 - 11:53

esparragosytagarninas.wordpress.com.- Arman Spéth habló para Jacobin con el economista marxista Michael Roberts. Aquí un resumen-tuneo.

Categorías: Baladre

Encontro co grupo Imán

Comunidade Base Coia - Dom, 30/11/2025 - 20:25

O domingo 30 de novembro, na véspera do Día Mundial da SIDA, celebramos un encontro coas xentes do grupo Imán, para lembrar, con agarimo e gratitude, o camiño compartido con este colectivo de autoapoio VIH/SIDA dende 1990 a 2013: un camiño de dor e sufrimento, pero tamén, e sobre todo, un camiño de solidariedade, empatía, esperanza e vida.

No acto, fondamente emotivo, botamos unha ollada ao pasado lembrando tantos momentos e experiencias comúns, e reivindicamos os valores compartidos como absolutamente necesarios hoxe en día para seguir a trasformar a nosa sociedade.

Aquí tedes as imaxes e o manifesto do grupo Imán:

manifesto Imán 30 de novembro de 2025Descarga
Categorías: Comunidade Base Coia

CHARLA DE ADVENTO CON PATUCA FERNÁNDEZ

Comunidade Base Coia - Dom, 30/11/2025 - 19:53

O Advento ou a esperanza no que ha de vir

O sábado 29 de novembro tivemos a sorte de contar para a nosa tradicional charla de Advento con Patuca Fernández, avogada da Coordinadora de Barrios na Parroquia de San Carlos Borromeo e da fundación La Merced Migraciones, todo un referente na defensa dos dereitos das persoas migrantes e Premio Nacional de Derechos Humanos 2022.

Foi un verdadeiro agasallo compartir unha vivencia que ela mesma insitiu en que non era so persoal, senón unha experiencia compartida da comunidade de San Carlos Borromeo e doutras comunidades que en distintos lugares tratan de vivir ao estilo de Xesús e de comprometerse coa realidade dende o mundo das periferias.

Patuca tentou dar resposta con nós a como vivir en clave de esperanza neste momento no que o relato do odio e o negacionismo dos dereitos humanos semella estar avanzando, concluíndo que a experiencia do camiño das persoas que se moven pode ser unha aprendizaxe de vida para todas, posto que, aínda que normalmente relatamos a súa historia como unha experiencia de desesperanza (dunha fuxida pola fame, polas guerras…), en realidade o camiño das persoas migrantes está marcado pola esperanza e polo anhelo dun futuro de prosperidade.

Unha reflexión e un encontro que nos lembra o sentido compartido e nos dá forzas para seguir adiante, sentindo que en moitos lugares moitas persoas tecemos día a día os fíos dunha sociedade máis xusta.

Se non tivestes a oportunidade de asistir ofrecemos a continuación o audio da charla e algunhas imaxes:

Categorías: Comunidade Base Coia

Tempo de Advento: «Sementando flores no deserto»

Comunidade Base Coia - Dom, 30/11/2025 - 10:37

INTRODUCIÓN

Ao mellor é xusto agora, no medio da noite, na escuridade de tantas crises, guerras, violencias, brutalidades… ao mellor é agora cando hai que apostar cegamente pola luz da esperanza utópica dese outro mundo posible no que cremos: un mundo de paz, xustiza, fraternidade e felicidade.

Ao mellor é xusto agora cando o milagre da vida verdadeira, cando a sostibilidade mesma dunha vida plena, debe ser o noso único compromiso comunitario, no pequeno, no cotián, na fraxilidade que nos convoca dende sempre.

Ao mellor é agora, xusto agora, precisamente neste tempo de Advento, cando debemos escoitar a voz profética de Isaías e proclamar a alegría de apostar pola ledicia de tolear, de sermos as tolas e tolos de Deus.

E comezar a sementar flores no deserto…

Domingo 1º de Advento (30 de novembro)Das espadas forxarán arados

Cantas veces temos cantado estas palabras na nosa parroquia! Isaías anunciaba a utopía dun mundo posible como poucos profetas o fixeron ao longo da Historia, coa convicción entolecida dunha fe que o traspasaba, que nos traspasa aínda hoxe. Non son so palabras fermosas, é un proxecto de vida, persoal e comunitario, é un proxecto relixioso e político, que reclama a nosa implicación, porque nos negamos a convivir co amargor dunha vida sen esperanzas. Abonda xa de atoparnos coa violencia acotío, como se fose o noso pan de cada día. Hoxe máis que nunca queremos sementar sendeiros de paz, da man, sempre xuntas. Velaí o noso compromiso.

El hanos aprende-los seus camiños, e marcharemos polos seus vieiros […]. Das espadas forxarán arados, e das lanzas, podadeiras. Non erguerá a espada nación contra nación, non se adestrarán para a guerra. ¡Casa de Xacob, ven; vaiamos e camiñemos á luz do Señor!

Isaías 2, 3-5
Categorías: Comunidade Base Coia