Hai tempo que dende a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vemos como cada día se achegan máis familias que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, están a experimentar un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais.
Familias que, desesperadas porque non atopan unha resposta xusta das administracións, acoden espazos como os nosos na procura de solucións ao empobrecemento crecente que padecen.
Por razóns coma estas e polas que vimos denunciando dende hai tempo collémonos da man co parroquia do "Cristo da Victoria" para convocar á xente do barrio e da cidade a berrar: Que temos dereito a vivir con dignidade!
O xeito de facelo vai ser a través dunha cadea humana que sairá dende as portas da parroquia (Baiona 9 b - Coia) este domingo 2 de decembro a partires das 13h00.
Ademais de visibilizar e manifestar o noso descontento saímos á rúa para esixir que o concello de Vigo incremente o gasto social nos orzamentos para 2013.
Agardámosvos este domingo!