O vindeiro xoves 19 de abril as xentes do grupo Morrazo 2020 convidáronnos a participar nunha charla-coloquio que leva por título: "Os dereitos sociais fronte ao capitalismo".
Nela presentaremos o traballo que estamos a desenvolver nas últimas campañas, presentaremos o concepto de RBiS e en definitiva trataremos de artellar respostas en común ao capitalismo.
Será a partires das 20h00 na Salason (Lirio 30, Cangas) e nela participará Diego da ODS-Coia.