rotonda

Onte a avenida de Castelao foi tomada por unha gran manifestación na que expresamos o "cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas".

Como titulaba un medio dixital "o ruxir das máquinas en Coia deu paso á voz da veciñanza", quen manifestou con claridade que o Bernardo Alfageme non chegará á rotonda e que os cartos de todas teñen que estar ao servizo das necesidades das persoas.

O VENRES 12 de decembro a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!

Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e dando lectura ao manifesto.

O goberno municipal quere chantar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal.

Cancelamos o acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica que tiñamos convocado para mañá venres 5 de decembro.