Miren Etxezarreta estará os días 8 e 9 de marzo na parroquia do Cristo da Victoria de Coia para facer un repaso crítico do capitalismo nas charlas de Coresma da comunidade.
O título destas dúas charlas é “Como chegamos ata aquí? Podemos saír desta? (crítica da razón capitalista)”. As charlas serán no salón de acto da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia -Vigo) o venres 8 de marzo ás 21h00 e o sábado 9 de marzo ás 17h00.
Miren Etxezarreta é catedrática emérita en Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona e integrante do Seminari d’Economia Critica Taifa.