Charlas con Miren Etxezarreta: “Como chegamos ata aquí? Podemos saír desta? (crítica da razón capitalista)”

Miren Etxezarreta estará os días 8 e 9 de marzo na parroquia do Cristo da Victoria de Coia para facer un repaso crítico do capitalismo nas charlas de Coresma da comunidade.

O título destas dúas charlas é “Como chegamos ata aquí? Podemos saír desta? (crítica da razón capitalista)”. As charlas serán no salón de acto da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia -Vigo) o venres 8 de marzo ás 21h00 e o sábado 9 de marzo ás 17h00.

Miren Etxezarreta é catedrática emérita en Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona e integrante do Seminari d’Economia Critica Taifa.

Un bo finde para pasar en Coia, xa que o sábado 9 pola mañá faremos o obradoiro de ferramentas para a transformación social - "Da RISGA á RBis".

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais