As compas compostelás realizaron esta tarde unha acción nas oficinas de Gas Natural Fenosa para denunciar a pobreza enerxética que padecen as mulleres galegas.
Baixo o lema darlle luz á #FolgaFeminista8M as feministas denunciaron que a pobreza enerxética ten faciana de muller, que están fartas da subidas do custo da enerxía e que tamén o están das políticas miserentas da Xunta de Galiza que lonxe de garantir dereitos afondan na miseria. O fixeron entrando nas oficinas. Alí, e ante a imposibilidade de pagar as elevadas facturas, engancháronse á rede de FENOSA pequenos electrodomésticos para facer merenda e zumes.
Achegamos o manifesto que entregaron nesta actividade > http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/Panfl...