Charla: Guía de axudas sociais, "como manexarse no labirinto burocrático"

Boa Vida en colaboración coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia (Vigo) organizamos unha charla para dar a coñecer a GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS. Será o mércores 16 de decembro ás 20:00 no salón de actos da EPA de Pontevedra (Escola de Adultos) na Avda. de Buenos Aires, 22-23.

Esta guía realizada pola ODS-Coia xunto coas charlas teñen como obxectivo empoderar ás persoas máis empobrecidas así como facer chegar dita información a profesionais ou colectivos interesados en mellorar as condicións de vida  de todas.

As Oficinas de Dereitos e Deberes Sociais nacen como punto de información, con espírito de loita colectiva, para ser unha ferramenta de apoio e denuncia social en materia de dereitos e deberes das persoas e  gritar que non estamos sós, que xuntos podemos transformar a nosa contorna e o mundo en algo xusto, igualitario, e digno.

En Pontevedra podes contactar connosco a través de:
- a oficina situada en rúa Curz Vermella nº 16
- teléfono: 886-160-950 ó 605-399-142
- por correo electrónico oficinadereitosociaisboavida@gmail.com

Podedes descargar a guía nesta ligazón: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_...