Aquí vai o programa do #peche 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) o sábado 15 de febreiro:
10:00 - Benvida e decoración
11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...
11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs
12:30 a 13:00 - Descanso
13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.
14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.
16: 30 a 18:00 - Documental: "La plataforma". Sobre as orixes, loitas e reivindacións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
18:00 a 19:00 - Rap Ostiapadre. Actuación do grupo de rap de Coia. Podedes saber máis deles na súa web: ostiapadre.wordpress.com
19:00 a 19:30 - Descanso
19:30 a 20:30 - Presentacións ILP Renda Básica e ILP Vivenda. Achegaremos toda a información sobre estas dúas iniciativas.
20:30 a 22:00 - Cea comunitaria. Traede cea para compartir.
22:00 - Despedida
Para os colectivos organizadores o peche ten un dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.
Todas as actividades son abertas. Achégate!