Sermos Galiza

Algunhas compañeiras da ODS-Coia e de Baladre están ao tanto de que o estudo de viabilidade da RBis en Galiza está case preparado e que a finais deste ano o poderedes ter nas vosas mans. Dentro do proceso de elaboración do estudo a xente do xornal Sermos Galiza colleunos no camiño e entrevistounos a varias das que estabaamos con este traballo e recentemente publicaron un artigo sobre a RBis baixo o título: "E se todas as persoas cobrásemos 848€?":

No sistema económico actual, cunha crise dos coidados que leva décadas a bater en nós e cuxa dimensión real só se percibe se afastamos o ollar dos mercados para colocalo na sustentabilidade da vida, a Renda das Iguais sería a paga que percibiriamos polo feito de termos nacido e co obxectivo de cubrirmos as necesidades básicas.