Encontro de Baladre en Málaga, 15-16-17 novembro 2019

As xentes de Baladre volvemos a xuntarnos, nesta ocasión Málaga será a cidade de acollida. 15, 16 e 17 de novembro son as datas escollidas para a celebración do encontro, no que aproveitaremos para festexar os 25 anos de Zambra.

Aínda estades a tempo de vos inscribir, o podedes facer neste enlace > https://www.coordinacionbaladre.org/encuentro/malaga-2019

Ao encontro achegarémonos persoas de diferentes territorios onde ademais de compartir as nosas loitas e resistencias, aproveitaremos para poñernos ao día no traballo desta coordinación que xunta a persoas e colectivos que levan case catro décadas de loitas en contra do paro, a pobreza e a exclusión social.