Encontro de Baladre do 11 ao 13 de maio

Na vindeira fin de semana as xentes de Baladre (Coordinación contra o paro o empobrecemento e a exclusión social) teremos encontro no Bierzo, en concreto no centro da natureza vica "Las cabañas de Carucedo" > ​http://www.sportanoe.com/carucedo situado a 25 quilómetros de Ponferrada.

En Baladre acostumanos a facer dúas xuntanzas no ano nas que organizamos o traballo desta organización e sobre todo aproveitamos para afondar en relacións que nos sirvan para construír eses outros mundos que precisamos.