Axudas do Concello de Vigo para familias con necesidades económicas

O pasado luns 28 de setembro publicabanse no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) as bases que regulan a convocatoria dunha axuda do Concello de Vigo para familias afectadas pola crise co fin de incentivar tamén o pequeno e mediano comercio de Vigo.

A axuda esta dirixida a familias en situación de necesidade e a contía máxima da mesma son 600 € para investir en bens de primeira necesidade, para solicitala hai que acudir ás dependencias de Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo ou á traballadora social de referencia.

A Tenencia de Alcaldía anunciou con bombo e platillo a posta en marcha destas axudas, situación que choca co silencio na apertura do prazo e co oscurantismo sobre o modo de presentación das mesmas. Estas axudas so cubrirán as necesidades básicas de 1000 familias que por orzamento son as que poden estar en crise na cidade...

Por todo isto animamos a acudir ao concello para presentar a solicitude (o prazo remata o 17 de outubro) co feito de poñer tamén en evidencia a contradición desta convocatoria.

Podedes ler as bases no arquivo publicado no BOP e descargar a solicitude.