O luns 18 de novembro presentaremos o libro "Si no hubiera privilegios no habría miserias" ao alumnado do Grao de Traballo Social do campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Manolo S. Bayona e Diego Lores Correa compañeiros de Baladre compartirán na sala Emilio Pardo Bazán, no soto da facultade de C. Educación do campus de Ourense, as reflexións e experiencias das dous edicións da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora. O libro, que se vai pola terceira edición, recolle o traballo da primeira edición da escola celebrada en Zaragoza. Adiantamos que a xente de Baladre estamos a traballar nun novo libro que recolla o falado na edición celebrada en xuño de 2019.