Xoves 5 - Palestra: Liberdade de movemento ou represión ás migrantes?

No marco da III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, que organiza o Foro Galego da Inmigración en colaboración con outros colectivos como GAS e ODS-Coia, celebraranse varios encontros con Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, educadora social e activista no movemento en defensa dos dereitos das persoas migrantes. Ainhoa é unha das compañeiras que impulsa a iniciativa Tanquem els Cies (“pechemos os CIEs”) que denuncia a continua violación de dereitos que acubillan os Centros de Internamento para Estranxeiros.

En Vigo teremos a oportunidade de escoitala na palestra: Liberdade de Movemento ou represión ás migrantes? que terá lugar na Cooperativa Árbore (López Mora, 30) o xoves día 5 ás 20:00. Nesta palestra teremos a oportunidade de facer un percorrido polas distintas fronteiras (internas e externas) que se atopan as persoas migrantes. Tamén poderemos compartir de primeira man a situación actual do Centro de Internamento de Estranxeiros de Barcelona, a piques de pechar por reformas e que supón unha oportunidade para que non se volva a abrir, evitando así o encerro inxusto de centos de persoas.

As compañeiras e compañeiros de Tanquem colaboran tamén coa Campaña estatal para o peche dos CIE, así como coas iniciativas que denuncian as deportacións masivas de persoas migrantes apoiadas por Air Europa e Swift Air.

Tedes información completa sobre a semana no blogue: https://contraasfronteiras.wordpress.com