#video "Independizarse do capitalismo. Situación actual e perspectivas"

Achegamos o video da mesa redonda: "Independizarse do capitalismo. Situación actual e perspectivas" que organizamos xunto ao GAS o pasado 1 de abril.

Só podemos dar as grazas ás compas de Galiza Contrainfo polo traballo! Partillamos esta hora e tres cuartos de video na que J.M. Busqueta, Albert Sales e Clara Griera debullan o sistema capitalista para logo amosar vieiros polos que transitarmos cara outras vidas máis dignas de ser vividas.