O pasado 8 de setembro xente da ODS-Coia nos achegamos a Mérida ao Encontro Estatal polas Rendas Básicas, que contou coa presenza e participación de numerosas organizacións e colectivos. O Centro Social Okupado e Autoxestionado CSOA "El Sitio"acolleu a posta en común que abordou, fundamentalmente, dúas cuestións: as diversas posicións sobre a Renda Básica e as perspectivas de loita ante a situación de emerxencia social que vivimos.
Tedes a nova completa cos vídeos neste enlace: latrastiendademerida.blogspot.com.es/2012/09/videos-del-encuentro-por-las-rentas.html