Sábado 9 - Xuntanza polo Ambulatorio de Coia

Volve unha nova de convocatoria de xuntanza sobre o ambulatorio de Coia. Nesta ocasión a convoca a recén creada Plataforma pola Reutilización do Ambulatorio, espazo que na última xuntanza creouse para traballar na recuperación de este espazo para a xente.

O encontro -aberto- vaise celebrar o sábado 9 de xaneiro a partires das 18:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" de Coia (r/Baiona 9, Vigo).