Esta mañá de xeito simultáneo en A Coruña, Compostela e Vigo persoas de diferentes colectivos xuntámonos ás portas dos edificios administrativos da Xunta de Galicia para presentar as propostas da campaña "Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital: RENDA BÁSICA XA!"
O 12 de xullo celébranse eleccións ao parlamento de Galiza. Facemos política todos os días do ano, mais aproveitamos esta convocatoria para achegar as nosas propostas. Levamos anos padecendo e denunciando as miserentas políticas sociais autonómicas, que a crise provocada polo COVID-19 deixou de manifesto. Anos de medidas que favorecen ao poder e que afondan na desigualdade e na inxustiza, provocaron o crecemento da pobreza e da morte. A resposta do goberno de Feijóo son máis faragullas, en forma de cheques, tarxetas, peche de centros ou a esmola da RISGA. Fronte a estas medidas esiximos a implantación dun novo dereito: a RENDA BÁSICA.
Entendemos que a Renda Básica poder servir de base para unha novas políticas que poñan no centro a vida das persoas e que sirva de ferramenta para saír deste sistema cruento. As persoas migrantes, os nosos maiores, as persoas que non podemos acceder a unha vivenda digna ou a calquera das "faragullas sociais" ficamos fóra e cada vez máis afastadas dos mínimos para a vida.