Unha nova achega de Xistra Souto nesta ocasión carga de carraxe:
Orientación laboral
A hora de andaina até Cruz Vermella faise hoxe máis dura coa calor.
A traballadora social dixérame que non podía estar no piso sen facer nada. Ela propúxome, e non me pareceu mala idea, acudir ao programa de emprego para inmigrantes.
Entro tras agardar dez minutos na oficina. A orientadora dime que lle deu unha volta ao meu curriculum e que engadiu o curso de limpeza que fixen hai tres meses.
Xa mo dixo máis veces, pero hoxe éncheme de carraxe que volva a mallar co do móbil. Semella que estar ou non desempregada pasa poñer un número de teléfono nunha merda de papel.
Busco emprego para sobrevivir! Non vou mercar o puto móbil! Só quero vivir coa dignidade que me roubaron!