O G.A.S. convídanos a asistir á palestra que leva por título: "Contra a reforma laboral, autoorganización laboral e barrial" que se vai celebrar o martes 26 de outubro a partires das 20h30 na Escola Popular Galega (Real 12).
Fronte á recén aprobada reforma laboral, en Barcelona organizouse un movemento social de base, no que podemos atopar comités de barrio e de fábricas, a chamada "assemblea de barcelona", ou o "moviment del 25" (motor da okupación do banco español de crédito), que continúan a súa actividade, máis aló do 29 de Setembro.
A presenza en Vigo dun integrante destes movementos, daranos a oportunidade de coñecer de primeira man a xénese dos mesmos, as súas formas de organización, as liñas de traballo actuais, e as súas perspectivas cara o futuro.