Un ano máis, as colectivas e individualidades que conformamos o Foro Galego da Inmigración queremos visibilizar as violencias que entraña o sistema de fronteiras e as políticas migratorias para as vidas e corpos das persoas migrantes, e moi especialmente para as mulleres racializadas.
Non pasou nen un mes desde o 25N, desta volta co foco nas diferentes manifestacións das violencias machistas. Con todo, volvimos a ver como unha vez mais as violencias específicas que viven as mulleres migrantes e/ou racializadas quedaron invisibilizadas.
Así que despois de adicar este curso a denunciar os cambios no sistema de asilo e protección internacional, queremos situar esa e outras realidades no marco que corresponde. Non se tratan de cuestións técnicas, senón que responde á mesma lóxica restrictiva e racista que subxace ao conxunto das políticas migratorias españolas e europeas. Unhas políticas que afectan de forma moi directa a mulleres e disidencias sexo xenéricas.
Para iso contaremos con dúas convidadas especiais: Julia Castillo Condori/ Warmi Kusisita (Bolivia/Barcelona) e Sara Guerrero (México/Mondariz), ademais das compañeiras da colectiva Resistencia en Terra Allea que impartirán un obradoiro sobre decolonialidade e eantirracismo.
Nos actos que terán lugar en Vigo e Compostela o 15 e 16 de decembro, debullaránse o impacto destas políticas así como as estratexias de resistencia persoal e colectiva fronte a esas violencias.
Mércores 15 decembro // VIGO
17h00 - Obradoiro sobre Decolonialidade e Antirracismo. Para persoas racializadas e/ou migrantes. Local por confirmar.
19h30 - Palestra Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres migrantes. Café UF! Aforo limitado.
Xoves 16 de decembro // COMPOSTELA
19h00 - Acto Público na Praza do Toural.
19h45 - Faladoiro na Casa Xohana Torres. Políticas racistas no Estado español. Impacto sobre as mulleres e disidencias migrantes. Inscricións: https://deloga.typeform.com/XohanaTorres
Todas as actividades estarán a cargo de:
- Julia Castillo Condori/ Warmi Kusisita (Bolivia/Barcelona). Muller aymara, educadora, poeta. Integrante do espazo Feminismo Comunitario Antirracista e Anticolonial.
- Sara Guerrero (México/Mondariz). Lcda. en Teatro e Actuación, colaboradora en distintos medios de comunicación alternativos (Novas da Galiza, El Salto, Píkara Magazine).
Resistencia en Terra Allea. Colectiva decolonial e antirracista, procura darlle resposta as violencias estruturais, coidando e acompañando a os corpos migrantes e/ou racializades.
+ info: foroinmigracionsantiago@yahoo.es