No mes de decembro teremos pola Galiza a Víctor Hernández, o noso “Mapu”. Estará de xira por varias vilas galegas para presentar “Las luchas del pueblo Mapuche. Repensar el sur”. O libro escrito a varias mans fala da historia e resistencias do pobo mapuche. Así presentan as editoras o texto:
“O mundo mapuche rompeu hai tempo os límites territoriais e sociais onde pretendía confinalos o Estado de Chile. Cando miles de mozos brancos ondean a bandeira mapuche en outubro de 2019 en toda a xeografía chilena, en particular en Santiago, están a dicirnos que recoñecen a autoridade moral e política de todo un pobo que, coa súa resistencia, marcoulle un camiño de dignidade e autonomía a todas as que necesitan acorparse con outras persoas para resistir as opresións".
As datas das presentacións organizadas por Baladre son:
LUGO. Venres 3 de decembro ás 19:00 na librería Trama (Av. de A Coruña, 21)
VIGO. Sábado 4 de decembro ás 20:00 no Centro Social A Revolta do Berbés (Rúa Real, 12)
CORUÑA: Luns 6 de decembro ás 19:30 en A Tobeira de Oza. Alpendre cultural (Rúa Merced, 24, baixo)
OURENSE: Martes 7 de decembro ás 19:30 en A Galleira (Praza de San Cosme)
Nas presentacións podedes mercar o libro por 14,5€. Tamén o podedes mercar na web: https://distri.asociacionzambra.org/libros/vvaa/las-luchas-del-pueblo-mapuche-repensar-el-sur