Baixo o título de: "A Crise: quen se beneficia da mesma e a quen benefician as políticas para erradicala?" GAS, Verdegaia e a ODS-Coia organizan unha charla na que poderemos contar coa presenza de Francisco Ferrer membro do Seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona.
A debilidade da economía local está servindo para asentar o poder dos grandes capitais. O alto nivel de paro e precariedade permite ao sistema afondar na reforma neoliberal do mercado de traballo, recortar as pensións e as coberturas sociais, ao tempo que as políticas económicas para enfrontar estes problemas están claramente orientadas a rescatar ás persoas máis ricas e poderosas en vez de garantir o benestar dos sectores populares.
A charla será o xoves 23 setembro ás 20h00 na Escola Popular Galega (Rúa Real 12 - Casco Vello de Vigo)