Folga de alugueiros 1 de abril

Encamiñamos esta proposta á que nos sumamos e damos pulo:

Como sabedes, a crise sanitaria xa é unha crise económica. Somos milleiros as persoas que sufrimos a redución ou a desaparición dos nosos ingresos e non podemos afrontar o pago do alugueiro. Fronte a esta realidade, vemos imprescindible sumarnos á folga de alugueiros convocada dende o 1 de abril por máis de 200 colectivos de todo o Estado: a imposibilidade de pagar as rendas é real, a nosa organización indispensable para conseguir os nosos obxectivos e non sufrir represalias.

Como as medidas tomadas polo Goberno até agora son insuficientes e tramposas, queremos facer do problema individual de cada inquilina unha loita colectiva. Deste xeito, as persoas que se sumen á campaña de suspensión de alugueiros e a consecuente folga, estarán cubertas e acompañadas polo movemento polo dereito á vivenda cunha estratexia sindical e legal conxunta e por unha caixa de resistencia.

Esiximos:

- Durante o confinamento: a suspensión do alugueiro durante os meses que dure a imposibilidade de traballar. Non imos tolerar que nos endebeden, pois tanto as moratorias como os créditos prolongarán a crise económica nos fogares, que xa se atoparían nunha situación máis precaria ao finalizar o Estado de Alarma. Consideramos que o deber do Estado non é garantir o rendemento do investimento inmobiliario, senon garantir o dereito a vivenda. Mentres que os traballadores perdemos ingresos, pretenden manter cos cartos de todas aos especuladores. Non queremos pagar máis tarde o que non imos cobrar nin agora nin despois, o diñeiro público para gastos públicos e de ben común!

- Despois do confinamento: que non se esixa de ningún xeito (xa sexan créditos, reestruturacións ou que o Estado asuma ese gasto) as cantidades relativas ás rendas dos meses que dure o confinamento e o compromiso a non tomar represalias contra os folguistas (demandas por impago e desafiuzamentos) unha vez finalizado o Estado de Alarma.

Por iso, facemos un chamamento a todas aquelas entidades sociais e sindicatos para que se unan á folga! Necesitamos ser o maior número posible para que a nosa loita dea resultados e non deixe a ninguén atrás ou nunha situación peor á que xa se atopa.

COMO SUMARSE E APOIAR A FOLGA?

- Para sumarvos á campaña só tedes que entrar na web e cubrir o formulario específico para entidades e colectivos https://suspensionalquileres.org/adhesion-de-entidades/

- Estamos pedindo ás organizacións, sindicatos, colectivos e entidades que estean de acordo con esta iniciativa, que fagan aportacións á caixa de resistencia. Calquera axuda é boa. Aquí o enlace ao goteo: https://www.goteo.org/project/caja-de-resistencia-huelga-de-alquileres

- Dar difusión da campaña e crowfunding nas vosas RRSS, ou ben a nivel individual compartindo esta información nos portais e relanzos dos vosos edificios, así como pequenas tendas de alimentación que seguen abertas, pois as esixencias e medidas atinxen tamén a rendas e hipotecas sobre locais comerciais.

Toda a información sobre a campaña de suspensión de alugueiros podédela atopar na web suspensionalquileres.org. Nela podedes atopar as reivindicacións dos movementos e os primeiros pasos para que as persoas afectadas se sumen á folga. É importante que toda persoa que se vexa en situación de impago non o faga individualmente. Pedímosvos en medida das vosas posibilidades que compartades esta información coas persoas que forman parte do voso colectivo.

Moitas grazas! Esta folga é de todas, pola dignidade da clase traballadora!