Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba as mudanzas do Bono de Alugueiro Social 2016. En ano electoral a sucesión de axudas que a Xunta lanza a golpe de DOG é un terror. Seica pensan que van facernos esquecer os recortes en materia de dereitos sociais que agora queren disimular con medidas parciais e propagandísticas.
Partillamos un breve resumo con algunhas das modificacións que incorporou a Xunta na convocatoria deste ano:
MODIFICACIÓNS NO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DA XUNTA (Orde de 13/05/2016, entrada en vigor, 21 de maio de 2016):
PRIMEIRA-. Engádese un grupo de persoas beneficiarias ás que xa existían: persoas beneficiarias do programa Aluga que rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos 9 meses anteriores á data de presentación da solicitude do bono de alugueiro, sempre que non teñan débedas pendentes de subministros de dita vivenda do programa Aluga.
A este novo colectivo hai que engadir as xa recollidas na anterior convocatoria:
1- Persoas con orde de desafiuzamento. Solicitude dentro dos 6 meses seguintes á notificación da demanda. Que a duración do contrato sexa de cando menos de 12 meses.
2- Vítimas de violencia de xénero, que residan nun centro de acollida e que a situación de violencia se produza dentro dunha relación de convivencia que cesara nos últimos 12 meses.
3- Persoas que perderon súas casas por catástrofes (incendios,…).
Para todos: - Que residan 12 meses antes en Galicia
- Que no sexan familiares do arrendador
SEGUNDA-. Auméntase a contía das axudas:
ANTES: 150 €/mes (12 meses como máximo) Complemento opcional de 450 € para débedas pendentes ou fianzas por cambio de piso.
AGORA: 200 €/mes (12 meses como máximo) e 600 € de complemento adicional por fianzas ou cambio de piso. Este aumento aplicarase ás solicitudes que xa estean presentadas e en tramitación.
Nesta enlace: http://igvs.xunta.gal/web/comunicacion/detallenova?content=/PortalVivend... tedes a nota que pendurou a Xunta na web.