Continúan a medrar os problemas que vimos vivindo dende hai anos.
Se paramos a nosa ollada na RISGA os datos dan pena, mentres os medios recollen todos os días novas do que se fai cos nosos cartos. Estes días tocaron exemplos das axudas á banca e á industria do automóbil.
Así as perceptoras de RISGA teñen que malvivir con realidades coma estas, segundo datos da Xunta para o primeiro semetre de 2011:
- A contía media da RISGA é de 387,17 €
- En Vigo hai 1123 perceptoras da RISGA, con datos coma estes
- O 40% das solicitudes de RISGA son desestimadas
Se queredes saber máis do que conta a Xunta botade unha ollada a:
- INFORME DE XESTIÓN DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA E DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL. Primeiro semestre 2011: benestar.xunta.es/export/sites/odscoia.arkipelagos.net/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Estudos_e_informes/INFORME_DE_XESTION_RISGA_2011_PRIMEIRO_SEMESTRE.pdf
- INFORME SOBRE A APLICACIÓN E AVALIACIÓN DA LEI GALEGA DE MEDIDAS BÁSICAS PARA A INSERCIÓN SOCIAL. Ano 2010: matiass.xunta.es/media/k2/attachments/INFORME_DE_XESTION_RISGA_2010.pdf