O noso barrio acolleu ás xentes de Baladre no encontro que se celebrou dende o venres 25 ata o domingo 27 de febreiro. Algo de máis de trinta persoas chegadas dende puntos coma Asturias, Canarias, Cuenca, Málaga, Salamanca e tamén de distintas localidades de Galiza xuntámonos para coñecer o estado das loitas artelladas dende os nosos barrios e para seguir tecendo redes baixo o paraugas de Baladre.
O venres comezaba o encontro cunha charla na Cova dos Ratos na que repasamos as ferramentas que algún dos nosos barrios puxeron en marcha para loitar contra a exclusión e a pobreza que provoca o sistema. Coma sempre a RBiS estivo presente nas dúbidas dalgunhas das presentes.
O sábado pola mañá xirou ao redor de temas de organización interna e logo do xantar traballamos en grupos un texto. O domingo pechamos o encontro tratando entre outros temas o estudo da RBiS en Galiza, xa que a idea e telo listo a finais de ano. O encontro rematou coa asisntencia á manifestación convocada pola Ría Non se Vende que foi dende Bouzas ata a Laxe en protesta polos enchidos.