"Mulleres en resistencia" no festival Curtopía 2016

Este sábado presentamos no Festival Audiovisual Curtopía un novo proxecto no que imos da man de Raias Travesseiras e Galiza Contrainfo: Mulleres en Resistencia.

Esta mostra é a presentación dun proxecto audiovisual en formato de pequena entrevista, a través do que se quere visualizar a mulleres da cidade de Vigo que resisten a dureza da cotidianidade con forza e na búsqueda de espazos de apoio mutuo. Elas son invisibles para o estado, pero tamén para os ollos dunha sociedade que so procura o triunfo; elas triunfan día a día procurando unha vida que mereza a pena ser vivida.

Un avance do que será este proxecto será o que presentaremos en Curtopia 2016. A partires das 21:30 pecharemos poderedes asistir, de balde, á estrea deste ilusionante proxecto. O festival faise en Valadares no local de Alg-a Lab (Camiño Igrexa, 254. CP: 36314 Valadares -Vigo-).