Achegamos un libriño da Xarxa d`Estructures Populars i Comunitàries que leva por título: "Mirades alternatives sobre seguretat", publicado tamén en castelán: https://estructurespopulars.org/wp-content/uploads/2022/11/Mirades-Alternatives-CAST.pdf
Así presentan este texto: "libreto sobre alternativas de seguridade que realizamos a XEPC, coa vocación de termos unha ferramenta compartida, rica e útil para procesos veciñais e comunitarios transformadores. O libriño cuestiona a policiación como resposta aos conflitos sociais e comunitarios e o paradigma da seguridade cidadá desde unha mirada feminista e decolonial, abordando a estigmatización e criminalización política e mediática, a necesidade de romper o illamento social, recuperar o espazo público e loitar por unha vida digna, apostando pola prevención, a mediación, a facilitación e a xustiza transformativa".
Estamos intentando lanzar este texto en galego, pensamos que contén reflexións e prácticas moi necesarias para afrontar conflitos e realidades coas que temos que convivir diariamente nos nosos barrios e vilas. Agradecemos o traballo da XEPC e contaremos cando teñamos a traducción.