praza América

Recentemente foi concedida unha prórroga da ILP pola Renda Básica, polo que agora temos ata marzo para recoller o medio millón de sinaturas en todo o Estado.

As xentes da ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" seguimos coa presenza na rúa e continuamos coa recollida de firmas. Así o venres 5 de decembro de 17h30 a 19h30 estaremos na Praza de América coa recollida de sinaturas na zona próxima á biblioteca da antiga caixa de aforros.

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal.