MAT

Miquel Amorós, responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro "Fisuras en el consenso" preséntanos esta antoloxía de textos do "Comité Irradiados do Mundo Unídevos", enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa mobilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalanas a enerxía xenerada nas centrais nucleares francesas.

"Na súa forma catastrófica, de Hiroshima a Chernobil, a enerxía nuclear é incompatíbel coa existencia biolóxica. Pero é na forma que din "pacífica", en funcionamento "normal", cando se amosa especialmente incompatíbel coa vida humana".

Pódese dicir máis alto pero non máis claro, esa era a marca da casa do Comité Irradiés nun tempo que pretendía verter luz sobre o sorprendente consenso acadado en Francia arredor da cuestión nuclear para así abrir brecha e axitar conciencias.