guerra

De novo a xente do Espazo Aberto Antimilitar anímanos a facer obxección fiscal aos gastos militares coincidindo coa campaña da declaración renda. Dámoslle pulo a esta campaña e compartimos o texto que acompaña a campaña:

As compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar non cansan de berrar en contra da guerra e do gasto militar, que nestes tempos semella que aínda é máis sangrante se cabe nun contexto de recortes. Este domingo a praia de Samil acolle o festival aéreo 2012 e como xeito de protesta o Espazo da a coñecer o seguinte texto:

Desde hai varios anos véñense celebrando anualmente en varias cidades do estado español os chamados festivais aéreos, consistentes no desfile de unidades do exército de aire, a mariña, o corpo de paracaidistas, así coma pilotos civís de acrobacias e unidades de bombeiros e salvamento.

Consideramos que este tipo de eventos, presentados ante a cidadanía como atracción turística, son en realidade actos de propaganda dos exércitos e as forzas militares para mellorar a súa imaxe pública e diminuír a percepción negativa que a sociedade ten deles.

A atracción que supón a observación de acrobacias ou de alta tecnoloxía úsase coma escusa para achegar á sociedade o poder militar do estado español coma algo positivo. Mentres tanto continúa habendo presenza militar en conflitos internacionais e seguen exportándose armas a países onde non se respectan os DDHH, converténdose así en cómplice das guerras que ocorren noutros países afastados do noso.

As compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar lanzan un ano máis a campaña de desobediencia á guerra na que piden que fagamos obxección fiscal aos gastos militares. Tamén facemos mención a campaña estatal "¿reCORTAR? sí, lo militar".

Deixamos o texto da campaña OFGM do Espazo Aberto Antimilitar, que este ano se centra na denuncia da industria militar:

No ano 2011, o gasto militar do Estado español ascendeu a 47 millóns de euros… cada día. Case dous millóns de euros á hora, nun país no que a única música que se escoita é a do recorte: recortes en educación, en sanidade, en dereitos, en medios de subsistencia; en vida. Ademais, o Goberno recoñece unha débeda por gastos militares de, polo menos, trinta e seis mil millóns de euros. Xa nos podemos facer unha idea de como se vai pagar.