baladre. encontro

Para pechar o curso a xente da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria marchamos a casa de Vilán (Fornelos de Montes) para pasar dous días de encontro e aproveitar o tempo, o espazo e a boa compañía.

Ao redor de marzo moitas que individualmente tiveran algún contacto coa ODS-Coia ou coa parroquia comezaron a acudir as asembleas que os martes ás 17h00 tiñamos cunha periodicidade de máis/menos cada quince días. Nesas reunións, nas que dende o comezo contamos coa participación das compas da PAH, foron saíndo situacións que amputaban o dereito de todas a unha vida digna: insuficiente protección social, cortes de subministracións básicas (luz, auga, gas), desemprego... De modo natural fomos atopando nese espazo os apoios e as forzas necesarias para ir entendendo a vida desde a dignidade, o apoio mutuo, a necesidade das relacións, a esixencia radical dos dereitos básicos...