Estudo de viabilidade da RBiS en Galiza

O pasado ano os compañeiros de Baladre xunto a diferentes grupos e persoas de Galiza comezaron a dar os primeiros pasos do que será o estudo de viabilidade da RBiS en Galiza. O proceso de elaboración do mesmo basease en tres patas moi  importantes: análise da realidade socioecómica de Galiza, enquisas persoais e grupos de intensidade.

Este luns, 1 de xuño, coincidindo coa presenza de Manolo en Vigo realizamos dous grupos de intensidade en Vigo. Pola mañá estivemos cun grupo de persoas que viven nas rúas da nosa cidade, no programa Sereos e polo serán cun grupiño de persoas desempregadas. Ambas as dúas experiencias foron moi satisfactorias e alentadoras para o estudo e para seguir artellando loitas creativas e cheas de vida contra o sistema.