Outro dos compañeiros chegados de Catalunya que entrevistaron as compas de Galiza Contrainfo foi J.M. Busqueta. Velaquí unha pequena presentación:
Josep Manel Busqueta é panadeiro, economista e membro do Seminario de Economía Crítica Taifa. É autor, entre outros, do libro "L'hora dels voltors. La crisi explicada a una ciutadania estafada" e numerosos artigos de opinión e análise. É membro das CUP, coas que foi deputado no parlamento catalán.