A derradeira entrevista que partillamos grazas ao traballo de Galiza Contrainfo é a que lle fixeron a Albert Sales. Dez minutos que non debedes perder se queredes saber cal é a función da pobreza no capitalismo. Achegamos unha pequena presentación de Albert:
Albert Sales é politólogo e sociólogo e traballa como profesor asociado na Universitat Pompeu Fabra. O seu traballo académico e como activista está orientado combater a exclusión residencial e a criminalización da pobreza. Na actualidade é asesor da tenencia de alcaldía de dereitos sociais do concello de Barcelona.