Encontro de Baladre en Coia (Vigo) - 25/26/27 de febreiro

Dende o vindeiro venres 25 de febreiro ata o domingo 27 imos acoller en Coia o Encontro de Baladre que se vai celebrar en Vigo. O programa do encontro é o seguinte:

< 25 VENRES

20h00 – Inicio do encontro coa charla: "Autoorganización e loita fronte á exclusión capitalista: Cooperativas, Proxectos formativos, Iniciativas de Desenvolvemento Comunitario". A cargo de:

- Toni e Amalia (Coordinadora de Colectivos Parke Alcosa de Valencia)

- Emiliano Tapia (Asociación Desenvolvemento Comunitario do barrio de Buenos Aires – Salamanca)

- Manolo e Mariajo de Zambra (Asociación de ámbito estatal para o apoio de iniciativas sociais e comunitarias).

< 26 SÁBADO

 9h30 a 14h00 – Temas Baladre:

- Mapeo de como estamos en cada lugar

- Relacións con CXT e Ecoloxistas en Acción: Avaliación de “Los Lunes al Sol”, Tinto de Verano, proposta de facelo en Buenos Aires do 21 ao 24 de xullo

- Nova Lletra A

- Viaxes a Arxentina, Uruguai e posiblemente Brasil para xornadas e seminarios sobre RBiS e máis...

- Programa de radio “Nosotras las Personas”

Xantar vegano na Cova dos Ratos

16h30 a 18h30 – Traballo en grupos:

Traballar sobre os materiais/documento para a próxima Lletra A, sobre as razóns que están detrás da falla de respostas sociais ante a perda de dereitos sociais.

19h00 a 21h30 – Accións conxuntas:

- Proposta de continuar con accións conxuntas como as do 27 xaneiro. Cea incluída.

Cea de picoteo nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” de Coia

< 27 DOMINGO

10h00 a 14h00 – Temas Baladre:

- Novo servidor onde aloxar páxinas web de Baladre

- Valorar entrada en COOP57

- Desenvolvemento do Encontro de Baladre de xuño en Madrid

- Estudos da RBiS en Alfafar e en Galiza

Salvo a charla do venres que será na Cova dos Ratos (Romil 3) o resto de actividades serán nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” en Coia (Baiona 9 +info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/onde-estamos)

A durmida será no centro social de Xogo Descuberto en Coia (Salvaterra 13, +info: http://xogodescuberto.arkipelagos.net/node/13), polo que é necesario que traiades saco de durmir e esterilla.

Persoas de contacto: Diego (696618732) e Kike (666946951) e no mail: gasvigo@hotmail.com e dereitossociais@gmail.com