Tiñamos convocada unha xuntanza polo ambulatorio o pasado sábado 5 de decembro. Porén os acontecementos na rotonda de Coia levárannos a adiala ao estarmos apoiando aos dous compañeiros que subiron ao barco para esixir o dereito a unha vida digna e a absolución de Diego.
Retomamos daquela a xuntanza sobre o ambulatorio de Coia que será o domingo 13 de decembro a partires das 18:30 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Vigo).
Dicíamos na chamada do día 5 que "o edificio segue pechado e sen uso. Na cidade escóitanse algunhas voces sobre a necesidade de darlle unha nova vida ao Xeral, pero do ambulatorio nin goberno central, nin Xunta, nin Concello de Vigo din nada. Como en tantas ocasións as veciñas teremos que buscar por nós mesmas solucións aos nosos problemas. Por iso este primeiro sábado de decembro volvémonos a xuntar para ver que pasos damos en relación a esta cuestión".