O vindeiro 24 de maio śa 17h30 no local do Ceesg (Lisboa 20, compostela) terá lugar a charla "A Renda básica: unha opción en tempos de crise? a cargo de Baladre.
Baladre é unha coordinación de loita contra o Paro, o Empobrecemento e a Exclusión Social, que fixo un estudo de viabilidad da Renda Básica en Galiza, recollendo os resultados no libro “Repartindo a nosa riqueza”.
Como froito das diferentes charlas organizadas para dar a coñecer a RBis, estase a xestar unha Plataforma reclamando a súa implantación. Pensando en que o Ceesg poida integrarse en dita plataforma, e para dar a coñecer a RBis entre as educadoras e educadores sociais, organízase esta charla, coa que se pretende ademáis xerar debate sobre a utilidade da RBis como ferramenta para dar resposta á precarización que afoga cada vez a máis persoas.