Caravana-Marcha de Baladre 2018

Como cada verán, dende Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos Caravana-Marcha no mes de xullo de 2018.

Esta Caravana-Marcha confórmase como unha oportunidade única, onde mesturar o lecer e as actividades máis lúdicas, coa formación, o compartir convivencia, apoio mutuo, enredos e saberes e experiencias en diferentes territorios. Este ano, comezaremos en Galiza para rematar en Asturias, onde poderemos coñecer non só os territorios, senón as loitas e resistencias das súas xentes en diferentes temáticas, como mulleres e mundo rural, defensa do territorio, diversidade funcional e mocidade e menores.

Para apuntarche tes dúas opcións: 1) Enviar un mail a baladre@coordinacionbaladre.org

2) Chamar ao 656 902 748 (Lucía) ou ao 656 624 528 (Manolo)

Deixamos o PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Mércores 18, Negreira de Muñiz

Chegada

Xoves 19, Negreira de Muñiz e cidade de Lugo

Até as 15:00 en Negreira de Muñiz

De 17 a 18 h.  Bico de  Grau: Coñecer a iniciativa e a súa contorna

De 18 a 20 h. Presentación do poemario “ Mani Festa Che”, de Simón  Lindell

21:30 h. Cea en Tapia do Casariego

Venres 20, Tapia de Casariego

Durante a mañá, compartir tarefas con xentes da Fundación  Edes e a súa Leira do  Cabillón.

De 17 a 19 h. Historia e realidade da Fundación  Edes, na súa loita por unha Comunidade viva, que integre todas as diversidades funcionais, na comarca.

De 19 a 21 h. Mulleres no mundo rural, con Isa Álvarez e as compañeiras do territorio (Colectivos Feministas da Comarca).

Sábado 21, Tapia de Casariego

De 10 a 13 h. Presentación do libro “Menores e Mozos na Diana” co seu autor,  Jipy e persoas que traballan con mozas na Comarca.

De 17 a 19 h. Defensa do Territorio.

19 h. Paseo polo bosque das Minas de  Salave e Tapia do Casariego

Domingo 22, Navia

De 10 a 12 h. A Casa Azul, unha casa xeradora de vidas

De 13 a 14 h. Avaliación

14 h. Comida e despedida