27X - Acto de entrega das follas de denuncia social nos rexistros do Concello e da Xunta

O xoves 27 de xuño a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechamos a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esiximos unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.

Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...

Como acto de peche desta campaña, non das nosas accións, o vindeiro xoves 27 de xuño convocamosvos para a seguinte mañá de actividades:

- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.

- Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saída será ás 11h30 dende o concello.

- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.

Baixo lema: "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marcharemos dende o concello ata a Xunta protexidos por paraugas ou parasois, animamos a que os decoredes con lemas reivindicativos. Nós o martes 25 dende as 17h00 estaremos nos locais parroquiais do Cristo da Victoria (r/Baiona, 9) para facer un obradoiro de decoración en común.

Precisamos de vos para facer un acto co que escoiten que esiximos os nosos dereitos agora!

Baladre

G.A.S.

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais