No DOG do 31 de decembro de 2015 a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicaba a convocatoria para 2016 do "Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables". Do mesmo xeito que coa convocatoria do "Ticket Eléctrico" achegamos un pequeno resumo, para nuns días facer unha valoración crítica destas convocatorias.
Con medidas coma estas decátamonos que o de #luzecalorparatodas aínda fica lonxe.
Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables
- Beneficiarias:
Persoas con ingresos que non superen o IPREM (532 €) e que teñan aviso de corte ou que xa se lles cortase a luz.
É necesario que sexan titulares do contrato.
Contía da axuda:
O importe é de dúas facturas ao ano (facturación mensual) ou unha factura ao ano (facturación bimensual) con importe máximo de 200 €/ano.
As facturas deben ser posteriores ao 1 de xaneiro de 2016.
Prazo presentación:
Do 15 de xaneiro ao 15 de novembro.
- Presentación telemática obrigatoria.
Prazo de resolución:
1 mes dende que finaliza o prazo de presentación de solicitudes (15/12/2016). O silencio é negativo.
Dotación orzamentaria: 600.000 €
---
Toda a info da convocatoria: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151231/AnuncioG0424-281215-001...