15 febreiro - Faladoiro: “RISGA: da esmola ao dereito”

Seguimos coa campaña galega "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" na que diversos colectivos e asociacións denunciamos a miserenta axuda social que é a RISGA. Tal e como anunciamos no lanzamento da campaña en decembro de 2018 convocamos neste mes de febreiro dous faladoiros baixo o título: “RISGA: da esmola ao dereito”.

En Vigo o acto será o venres 15 de febreiro ás 20:00 nos locais da parroquia do "Cristo da Vitoria" (rúa Baiona 9, Coia). No acto, ademáis de Beatriz Lorenzo (ODS-Coia) que dará información sobre a campaña galega contaremos coa participación de:

- Milagros Pérez (Integradora Social e perceptora da RISGA)

- Adrián Romero (perceptor da RISGA)

- Marta Vallejo (traballadora social en Servizos Sociais Comunitarios)

Contaremos coas intervencións destas tres persoas que explicarán de primeira man a realidade desta "esmola social", desde as vivencias das perceptoras e dunha profesional encargada da súa tramitación e xestión.

Na mesma semana, o martes 12 en Compostela celebrarase un faladoiro no aula 14 da Facultade de Historia (Praza da Universidade nº 1) coa participación de: Leticia Castro (educadora social en representación da campaña), Silvia Sanjurjo (vogal de formación do Colexio de Traballo Social de Galicia) e Susana (perceptora da RISGA).

A campaña pretende presentar ao conxunto da sociedade a necesidade de converter a RISGA, nun contexto de sociedade empobrecida, nun verdadeiro dereito para o conxunto da cidadanía, incidindo nun modelo, cando menos, coas seguintes características:

1 - RISGA como dereito cidadá, nunha sociedade empobrecida como a nosa.
2 - RISGA como dereito individual e respectuosa cos proxecto de vida das persoas, habitualmente sometidas a controis innecesarios.
3 - Unha RISGA, suficiente e digna, que tome como referencia o Salario Minímo Interprofesional para superar as miserentas contías actuais (403,38 €).
4 - Unha RISGA accesible e eficaz, que mediante tramitacións eficientes garanta un prazo máximo dun mes para o acceso a mesma.